3º E.P: Películas salientables do cine: unha ollada crítica

O alumnado de terceiro, durante este primeiro trimestre, estivo a investigar sobre o seu tema para a exposición do fin do trimestre: “Películas salientables do cine:Unha Ollada Crítica”

Para comezar a investigación quixemos primeiro saber que películas destacaríamos e para iso decidimos entrevistar ás familias, ao profesorado e ao alumnado. Deste último grupo acordamos que o alumnado de terceiro entrevistaría ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria, pola complexidade da pregunta e polo valor da resposta.

Así foi como comezamos a andadura. 



Comentarios