3ºEP: USANDO A IA PARA CREAR UN POSTER DE PELÍCULA

O alumnado de terceiro estivemos traballando a descrición de persoas e aproveitamos para probar unha ferramenta de Intelixencia Artificial (IA). 

Despois de explicarlles o que era a IA e de mostrarlles un exemplo, parecía que quedárallles claro como debía facerse así que tocaba probala. 

A actividade consistía en “El póster de mi película” donde eles debían contestar a varias preguntas relacionadas con “Se eu fose o/a protagonista dunha película …” 

  • como se chamaría a película?

  • que se vería de fondo?

  • como aparece o/a protagonista? 

  • que leva vestido?

Unha vez que redactaran as respostas a mestra proporcionoulles un prompt para que completaran coa información de cada un e o resultado foi espectacular.

Comentarios