6º EP: CINE HISTÓRICO: BIOPIC


O término película biográfica ou biopic aplícase a un xénero cinematográfico que se caracteriza pola dramatización cinematográfica da biografía dunha persoa ou grupo de persoas reais. É un subxénero do cine histórico ou "de época" e diferenciase doutros xéneros confluíntes, como as películas "baseadas nunha historia real" (reality film).

Pois ben, o alumnado de 6º de educación primaria, durante o 2º trimestre, estivo traballando na elaboración dunha curtametraxe biográfica: traballaron a idea e guión, a preparación da rodaxe, as tarefas de rodaxe, consellos técnicos (cámara, luz e son), a edición...

Estes son os borradores dos guións elaborados polo alumnado de 6º en equipos de cooperativo:



Comentarios